GNU social

Rede social libre, plataforma de comunicación para persoas.

Ven con nós! Instalar

O proxecto

GNU social é a continuación do proxecto StatusNet, un software de interacción social para comunicacións públicas e privadas. Conta cunha ampla comunidade de usuarios e institucións que o mantén e mellora, entre elas a Free Software Foundation.

GNU social conéctate a unha rede libre de miles de comunidades que conversan a diario sobre calquera tema que poidas imaxinar, cada unha formando parte do conxunto.

Características

Dúbidas?

Onde me podo unir a GNU social?

Hai moitos tipos de instancias servidoras de GNU social activas neste momento!

Preme aquí para ver unha lista de servidores populares de GNU social aos que podes unirte!

Aviso: Ten en conta que o equipo de desenvolvemento de GNU social non é responsable do xeito en que os sitios web que utilizan o software xestionan os seus contidos.

Quen coida de GNU social?

O actual equipo de desenvolvemento está dirixido por Diogo Cordeiro. En esta ligazón está dispoñible unha lista coas persoas que contribúen ao código e colaboran no desenvolvemento do mesmo. Os fundadores do proxecto GNU social foron Matt Lee, Evan Prodromou e Mikael Nordfeldth.

Chat

Conversa sobre o proxecto no noso canal IRC #social en irc.freenode.net

Contribúe ao código, informa de fallos e solicita novas características no repositorio.

Se estás a estudar, tamén podes solicitar participar no GNU social's Summer of Code.

Axuda ao proxecto

Liberapay

Doar ao desenvolvedor lider do proxecto, Diogo Cordeiro, con Liberapay

Tenda

Merca a túa camiseta de GNU social Hackers at Porto Clothing

Logos

gs-logos.tar.gz (14.2 kB)